Monday 29 de April de 2024

Presentación do libro Os mundos de agora no Elma


Ás 20.30 horas do 27 de agosto terá lugar a presentación do libro Os mundos de agora, do xornalista Lois Oreiro. Será no teatro cine Elma en colaboración coa A. C. Barbantia, Ler Librerías e Editorial Galaxia.

No acto, ademais do propio autor, intervirán o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); e o neurocientífico Xoán Casto Rivadulla.

Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal as persoas interesadas en asistir deben realiza-la súa reserva a través do teléfono de contacto 981831545.